Xornadas do Galo Mos en Lugo.

Entre o 15 de abril e o 1 de maio celébranse unhas Xornadas do Galo da nosa raza no restaurante-pulpería Aurora, en Lugo. Tamén haberá pratos elaborados con ovos de Galiña de Mos. Unha nova ocasión para disfrutar da calidade do noso produto.

Dúas novas incubacións en marcha.

Arrancaron dúas novas incubacións no CEIP Menéndez Pelayo de Lugo e na Escola Municipal Infantil "A Rolada" de San Sadurniño. Pronto haberá noticias sobre os nacementos.

Estivemos en Moexmu

Estivemos na feira Moexmu 2018, que se celebrou en Muimenta, concello de Cospeito, na provincia de Lugo, cun posto coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, asesorando sobre a nosa Galiña de Mos e cos nosos amigos do Porco Celta.

Galo de raza Galiña de Mos ao estilo da avoa.

Aí vos vai unha deliciosa receita que elaborou unha das nosas criadoras máis veteranas, a señora Luisa Solveira, de 84 anos de idade. Está publicada na web da Federación Nacional de Razas Autóctonas Españolas-FEDERAPES e foi seleccionada dentro do catálogo de receitas con razas autóctonas españolas na que colaborou o Ministerio de Agricultura. A podedes consultar aquí