A Galiña de Mos estivo na Feira do Capón de Vilalba.

Na feira do Capón de Vilalba participaron dous criadores da raza, Francisco Monasterio e David Cristóbal. Foi unha feira moi animada na que se venderon casi todos os exemplares presentados.
Tamén en Vila de Cruces participaron varios criadores de Galiña de Mos ofertando os seus galos.
Un bo remate para un ano moi intenso.

Feira do Capón de Vilalba.

O próximo 21 de decembro celébrase en Vilalba a Feira do Capón de Vilalba. Dous criadores da nosa raza participarán vendendo os únicos capóns de raza Mos que existirán na feira. 
Todos aqueles interesados deben buscar o posto de venda dos capóns de raza autóctona, que teñen un precinto azul na pata, que garante que pertencen á nosa raza.

Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces.

O próximo 22 de decembro celébrase en Vila de Cruces, a feira de Nadal do Galo de Curral. Haberá unha oferta diversa de actividades como degustacións e venda de produtos durante a mañá do venres.
Poranse á venda uns 200 galos pero soamente uns poucos da raza Galiña de Mos.
É moi importante que os compradores busquen o etiquetado específico da nosa raza que garante que están ante un galo da raza Mos. Nas patas teñen que ter uns precintos de cor vermella como os que se ven na foto.

Mariló Ramos estivo en DegustaGalicia

No I Salón de Gastronomía e Viños Degusta Galicia, que se celebrou do 6 ao 10 de decembro en Vilagarcia de Aorusa, a criadora María Dolores Ramos estivo presente presentando a súa marca "galo galego" e ofrecendo información sobre a nosa raza.

Unha criadora de Galiña de Mos estará na Feira Degusta Galicia.

A I Salón de Gastronomía e Viños Degusta Galicia, que se celebra do 6 ao 10 de decembro en Vilagarcia de Aorusa, contará con informacion da Galiña de Mos xa que a criadora María Dolores Ramos, criadora da mesma localidade, participará ofrecendo información da súa marca "galo galego" e sobre a raza Galiña de Mos. Unha iniciativa dunha das novas criadoras da nosa raza. Animamos a todos os interesados a visitar esta nova feira que comeza a súa andaina.