O polo da nosa raza triunfa.

Remataron unhas exitosas xornadas do Polo da raza Mos no Asador O Cabuxo, en Muimenta, no concello de Cospeito, provincia de Lugo. Este restaurante para celebrar o seu décimo aniversario organizou estas xornadas de tres días, en colaboración coa granxa Chousa do Lea. Foron un gran éxito, consumíndose nos tres días máis de 120 kg. de carne de polo de raza Galiña de Mos, ademáis de empanada de polo. As aves foron cociñadas asadas en forno de leña, sorprendendo o seu espectacular sabor.




Este fin de semana Xornadas de Polo no asador O Cabuxo.

En Muimenta, no concello de Cospeito (Lugo), este fin de semana celébranse unhas Xornadas do polo da nosa raza. Con motivo do X Aniversario do Asador O Cabuxo, entre o 24 e o 26 deste mes, temos un menú que leva empanada de polo, taboa de xamón e queixo e polo Mos á brasa, cun postre.
Moi recomendable e importante reservar xa que se espera unha enorme afluencia.

A Galiña de Mos foi invitada ao aniversario da Apehl.


O 22 de novembro a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) celebrou o seu 40 aniversario. Fomos invitados ao acto onde os alumnos de hostalería IES Sanxillao de Lugo, elaboraron unha degustación con produtos de calidade onde estiveron o Galo Mos e o cordeiro da raza Ovella Galega de Asociación Criadores Ovella Galega, en varias preparacións. Parabéns.

Ao mercado semanal de Ordes asistíu unha criadora.

Mari Luz Gómez Fernández, criadora do concello de Ordes das razas Galiña de Mos e Cachena, asistíu o pasado mércores 15 de novembro ao mercado semanal que se organiza na localidade, que conta con máis de 100 postos. O evento denominado "Vaia Praza-Día e Noite. Xornadas Gastro-Lúdicas" contou cunha serie de degustacións. A venda directa de produtos das razas nas feiras locais é unha interesante aposta para dar a coñecer as producións.

A Galiña de Mos na Feira de San Martiño de Teo.

O 11 de novembro celebrouse a Feira de San Martiño, en Francos, no concello de Teo. Os criadores Marco Antonio Feijóo e María Luisa Canicoba, do mesmo concello de Teo, participaron na feira ofrecendo moita información da raza, con venda de exemplares e ovos.

Dúas criadoras participaron na feira Etiqueta Negra Gourmet.

A Feira Etiqueta Negra, celebrada entre o 28 e o 30 de outubro, contou coa presenza de Sandra López, da granza Aeiroá e de María José Castro, da granxa Castro de Madrosende. Alí fixeron varias presentacións co chef Oliver Fernández Batista cun showcooking e ademais, no seu posto deron degustacións de hamburguesas de galo Mos e de empanada de galo con fariña de millo. Noraboa pola iniciativa. (A foto superior do chef Oliver Fernández pertence ao facebook de Etiqueta Negra Gourmet)

A ExpoDegustación da Galiña de Mos foi outro éxito.

O domingo 29 celebrouse a ExpoDegustación da Galiña de Mos. Foi outro éxito repartíndose 800 racións de galo guisado, ovo frito con patacas, tarta de améndoa e queixo.
Paralelamente celebrouse a VI Exposición e Concurso comarcal da Terra Chá,  que contou tamén coa invitación dos criadores dos concellos limítrofes á comarca da Terra Chá.
Partiticiparon 50 exemplares de 10 criadores da raza.
As aves foron valoradas polo veterinario Oficial da Xunta de Galicia Esteban Rivas.
Os resultados foron os seguintes:
Mellor galiña da exposición: galiña propiedade de José Luis Freire Castedo, de Suegos, concello de Pol.
Mellor galo da exposición: galo propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea, concello de Castro de Rei.
O programa A Revista, da Galega, fixo dúas conexións en directo que se poden ver nos seguintes enlaces:

Outra información xornal El Progreso.

No colexio de Lousame naceron poliños da nosa raza.

No CPI Plurilingüe Cernadas de Castro ubicado en Silva, no concello de Lousame, naceron poliños de Galiña de Mos que foron metidos na incubadora tres semanas antes. O nacemento dos polos foi un motivo de satisfacción para os nenos, que aprenden desta maneira o ciclo de incubación e nacemento dos polos.