Este domingo celébrase a ExpoDegustación da Galiña de Mos.

Este domingo 29 de outubro celébrase xunto á igrexa parroquial de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a Expodegustación da Galiña de Mos que se leva celebrando desde fai anos. Este evento que está organizado polos criadores da parroquia de San Xiao de Mos, en colaboración con Avimós, o Concello de Castro de Rei e a Deputación de Lugo. Celebrarase tamén o VI Concurso Comarcal da Galiña de Mos, escolléndose o mellor galo e a mellor galiña do certame. O menú constará entre outros de galo guisado e ovos fritidos. Esperámosvos.


A Galiña de Mos líder das razas avícolas de España.

O día 25 de outubro presentouse no Ministerio de Agricultura y Pesca en Madrid, os resultados de evolución dos censos das razas autóctonas e da comercialización dos produtos 100% Raza Autóctona. A Galiña de Mos segue a ser líder e a única entre as aves autorizada para o emprego do logotipo 100%.

En Etiqueta Negra estará a Galiña de Mos.

Os días 28, 29 e 30 de outubro celébrase na cidade de Pontevedra a feira Etiqueta Negra. é unha feira gastronómica de tipo gourmet na que participarán tres criadores da nosa raza: María José Abonjo, da granxa Castro de Madrosende, Sandra López da granxa Aeiroá e David Sueiro, da granxa Galo Celta.
Pódese consultar máis información da feira na seguinte páxina: http://etiquetanegragourmet.com/

Remata unha exitosa exposición Bestiarium.


A exposición de fotografías Bestiarium, que estivo na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, remata cun grande éxito de visitantes. Na exposición ademáis das fotografías, os visitantes poderon ver vídeos das nosas razas autóctonas.

O galo da nosa raza que foi o protagonista do cartel anunciador causou un gran impacto.
A exposición continuará agora por outras rexións españolas.

 Alumnos do colexio Fingoi de Lugo na exposición.

Os produtos da Galiña de Mos estiveron nas degustacións de Expolugo.

Con motivo da feira Expolugo tamén houbo unha serie de degustacións e presentacións de produtos das nosas razas autóctonas, durante os dous días que durou a feira. Estiveron presentes 15 marcas comerciais de produtores que comercializan baixo a marca 100x100 Raza Autóctona. 
Estiveron des produtores da nosa raza. A granxa Chousa do Lea de José Zapata, ofreceu empanada de Galiña de Mos e tamén peituga de galo de Mos en escabeche. a granxa Aves do Concello de Francisco Monasterio, ofreceu Capon de Vilalba da raza Galiña de Mos guisado e a granxa Aeiroá, de Sandra López, deu a degustar filloas recheas de Galo de Mos e Cachena con queixo de San Simón e tamén, Polo de raza Galiña de Mos estufado con dátiles.
Foi unha ocasión ideal para que os produtores poderan dar a coñecer as súas marcas e os seus produtos.

Resultados do V Concurso Provincial Expolugo 2017

Estos foron os resultados do V CONCURSO-EXPOSICIÓN PROVINCIAL DA GALIÑA DE MOS Expolugo 2017. 
Na categoría de galiñas os premios foron para: 
Primeiro premio para unha galiña propiedade de Jose Luis Freire Castedo, de Pol. 
Segundo premio para Francisco José Monasterio Solveira de Vilalba. 
Terceiro premio para Emiliano Pol Ferreiro de Pedrafita do Cebreiro. 
Na Categoría de galos os premios foron: 
Primeiro premio para un galo propiedade de José Zapata Sánchez de Castro de Rei. 
Segundo premio para Javier Álvarez Cela de Becerreá. 
Terceiro premio para José Zapata Sánchez de Castro de Rei). 
Noraboa a tódolos premiados e a tódolos criadores que participaron no concurso.

Concurrido desfile de Gando no San Froilán.


Polas rúas do centro de Lugo o día 7 de outubro houbo un bonito desfile de gando no que participaron as nosas razas autóctonas. Alí estiveron un galo e unha Galiña de Mos que transportaron os criadores Javier Álvarez Cela e Noel Freire. Baixaron diante do concello de Lugo dun autobús dos anos sesenta, aqueles cos que fai anos se ía ás feiras.

Este fin de semana celébrase Expolugo

Os días 7 e 8 de outubro celébrase a feira Expolugo. No Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ao carón da estrada Nacional VI, celébrase unha feira que contará cunha importante exposición de gando. No caso da Galiña de Mos, celebrarase o V Concurso Monográfico Provincial da Galiña de Mos. 
Ademaís haberá venda de exemplares vivos e tamén degustacións proporcionadas por tres marcas comerciais da nosa raza, as granxas Aeiroá, Chousa do Lea e Aves do Concello, para dar a coñecer estes produtos.
Esta feira ten o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e foi presentada o mércores 4 de outubro nos xardíns da Deputación Provincial de Lugo.
O programa das degustacións é o seguinte:

SÁBADO 7 DE OUTUBRO
Hora
14.00 Chourizo e salchichón de Porco Celta de SOC. COOP. GALEGA TRES FUCIÑOS
14.15 Empanadas varias de Porco Celta de VERDE CÚBICO
14.30 Polo estufado de raza Galiña de Mos de GRANXA AEIROÁ
14.45 Carne de Cachena guisada de RAMÓN VÁZQUEZ
15.00 Chuletillas de cordeiro de PASTORES DE GALICIA
15.15 Queixo fresco de cabra de SOC. COOP. CAPRINA GALEGA
15.30 Queixo curado de cabra de COMO CABRAS

19.15 Cecina de Boi de raza Vianesa de GANADO DE LEMOS
19.30 Empanada de Galiña de Mos de CHOUSA DO LEA
19.45 Liscos ao espeto de Porco Celta de CMVMC DE CARBALLO
20.00 Chouriciños de Porco Celta ao viño de EMBUTIDOS LAGO
20.15 Cabrito de raza Cabra Galega de GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN
20.30 Paletilla de Cachena de SAN BREIXO asada ao forno
20.45 Capón de Vilalba guisado de raza Galiña de Mos de AVES DO CONCELLO

DOMINGO 8 DE OUTUBRO
Hora
13.30 Cecina de Boi de raza Vianesa de GANADO DE LEMOS
13.45 Escabechada de peituga de Galo Mos de CHOUSA DO LEA
14.00 Liscos ao espeto de Porco Celta de CMVMC DE CARBALLO
14.15 Chouriciños de Porco Celta ao viño de EMBUTIDOS LAGO
14.30 Cabrito de raza Cabra Galega de GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN
14.45 Paletilla de Cachena de SAN BREIXO asada ao forno
15.00 Capón de Vilalba guisado de raza Galiña de Mos de AVES DO CONCELLO


18.30 Queixo fresco de cabra de SOC. COOP. CAPRINA GALEGA
18.45 Queixo curado de cabra de COMO CABRAS

19.15 Chourizo e salchichón de Porco Celta de SOC. COOP. GALEGA TRES FUCIÑOS
19.30 Empanadas varias de Porco Celta de VERDE CÚBICO
19.45 Filloas recheas de Cachena e Galo Mos con queixo de San Simón de GRANXA AEIROÁ
20.00 Carne de Cachena guisada de RAMÓN VÁZQUEZ
20.15 Chuletillas de cordeiro de PASTORES DE GALICIA



Inauguración da exposición Bestiarium


A exposición fotográfica Bestiarium, que se inaugurou na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo o xoves 28 de setembro, causou un gran impacto, xa que son imaxes moi diferentes das nosas razas autóctonas. 

É unha exposición moi recomendable de ver, sendo a primeira vez que está en Galicia.
Permanecerá aberta ata o 25 de outubro.
Máis imaxes: La Voz de Galicia
Ver vídeo da exposición: Fundación Tic


A nosa raza protagonista no cartel de Bestiarium.

Ata o 25 de outubro poderase ver na sala de exposicións da Deputación de Lugo, unha exposición fotográfica moi singular, con retratos das razas autóctonas. "BESTIARIUM-DIVERSIDAD RURAL", trátase de dar a coñecer gran parte deste patrimonio xenético e cultural único co fin de promocionar e difundir as razas e tamén facer visible o mundo rural no que viven ante a sociedade. A  exposición organizada polo autor José Barea e FEDERAPES, conta tamén coa colaboración da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA), a Deputación de Lugo, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e a Rede Museística Provincial de Lugo.
No cartel que anuncia a exposición pódese ver o retrato dun fermoso Galo da raza Galiña de Mos.
Máis información en: www.federapes.com