A Galiña de Mos estivo en Muras.

Estivemos na Feira do Poldro en Muras o domingo 24 de setembro, na exposición de razas autóctonas que se fixo. Desplazamos un galo e varias galiñas repartindo publicidade da nosa raza xunto co resto das nosas autóctonas.


No concurso de tapas da Coruña haberá Galo Mos.

No XIV concurso de tapas de A Coruña, que se celébra do día 15 de setembro ao 1 de outubro haberá Galo Mos nunha das tapas. Será na da Vinoteca "Cosecha 81" coa que participa, en horarios de: 13.30 - 15.30 horas e de 20.30 - 22.30 horas. A tapa denomínase Terrina de "GALO DE MOS" lacada con reducción de boletus sobre infusión de caldo. Os galos proceden da granxa de avicultura artesá "CHOUSA DO LEA".

En Pedrafita do Cebreiro estivo a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo o día 17 de setembro na Feira do Ano de Pedrafita do Cebreiro. Os criadores Roberto Raposo, do concello de Pedrafita e Sandra López, de Láncara, estiveron presentes cun posto onde ofreceron información sobre a nosa raza e as súas granxas.

A Galiña de Mos estivo en Ponteareas.

o pasado 9 de setembro o criador Alejandro Collazo, do concello de Mos, estivo na Feira dos Remedios de Ponteareas, cun posto onde ofreceu información sobre a nosa raza.

A Galiña de Mos volveu a sonar na Vuelta Ciclista a España

Un ano máis e grazas a Asociación de Hosteleros da Provincia de Lugo, a promoción da Galiña de Mos volveu a estar presente nas saídas das etapas da Vuelta Ciclista a España, xunto con outros produtos galegos con indicativo de calidade. Foron moitos os interesados que pasaron polo posto da marca "E para comer Lugo" desde a que se fixo promoción da nosa raza e os seus produtos.