A Expo-Degustación da Galiña de Mos de San Xiao de Mos bate o récord de asistentes.

A Exposición e Degustación da Galiña de Mos celebrada o domingo 25 de outubro na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, batíu o récord de asistentes na súa sexta edición.
Máis de 1.000 persoas xuntáronse para degustar un menú composto por ovo de Galiña de Mos con patacas asadas, e galo e pularda da nosa raza, acompañado de queixo donado pola empresa Leitigal e tarta de améndoa.
A xornada na que colaboraron os criadores da zona, apoiados pola nosa asociación, o concello de Castro de Rei e a Deputación Provincial de Lugo foi un grande éxito.
Tamén se celebrou o primeiro concurso comarcal da Terra Chá da Galiña de Mos, resultando vencedores unha galiña de José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea e un galo de Antonio Carballo Ameijeiras, de San Xiao de Mos. As aves foron valoradas polo Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, D. Cástor Rivero.

Expo Degustación da Galiña de Mos

Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos. Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais.Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.

Éxito dos produtos da Galiña de Mos en Londres.

Con motivo do evento Galician Gourmet Extravaganza, celebrado entre o 15 e o 18 de outubro no hotel Meliá White House de Londres, ofrecéronse case 500 menús con produtos de calidade galegos, sendo dous dos sete platos formados por produtos da Galiña de Mos, o primeiro sendo un ovo que o comensal tiña que romper, acompañado de chourizo de cabaza e tamén o Galo Mos con queixo de San Simón da Costa.
A prensa sinalou que o evento foi un grande éxito.


Fotos (Hotel Meliá White House)

O Galo Mos poderase degustar en Londres.

A partir da próxima semana o Galo Mos, poderase degustar nun dos mellores hoteis de Londres, no Meliá White House. O galo da nosa raza foi seleccionado como un dos produtos estrela para participar no menú que se dará con produtos galegos, nun evento denominado  Galician Gourmet Extravaganza, que se celebrará do 15 ao 18 de outubro na capital Londinense. Dous cociñeiros de Lugo escolleron os mellores produtos galegos, estando o Galo de Mos con cervexa negra.
A calidade dos nosos produtos segue a ser amplamente recoñecida.

Gran éxito da Galiña de Mos en Lugo

A Galiña de Mos foi unha das grandes protagonistas na feira Expolugo, celebrada os días 3 e 4 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.