Galiña de Mos, un manjar

O xornal El Correo Gallego ven de facer unha reportaxe sobre a Galiña de Mos, que se pode ver completa na súa edición impresa e en parte, no seguinte enlace El Correo Gallego.
Reproducimos o editorial deste xornal sentíndonos moi agradecidos:

GASTRONOMÍA. Superado el riesgo de que la Galiña de Mos acabara por extinguirse, hoy sus productores en Galicia trabajan de cara a reivindicar la calidad de su carne. Avimos, la Asociacion de Avicultores da Raza Galiña de Mos suma esfuerzos y ya cuenta con más de 600 inscritos, lo que ilustra hasta que punto esta entidad está trabajando bien en favor de la gastronomía gallega que así gana en variedad. La web Avimos.org reúne ya a medio centenar de productores. ¡Enhorabuena!

Un grupo de produtores de Vila de Cruces pretende facer unha cooperativa

Varios produtores de Galo de Curral de Vila de Cruces farán unha cooperativa para comercializar os seus galos, sendo todos da nosa raza autóctona. Esta cooperativa nacerá inicialmente con cinco produtores, pero coa idea de ir aumentando o número de produtores para conseguir unha mellora nos prezos dos cereiais para alimentar ás aves, busca de colaboracións para sementar millo e trigo en terras da zona, coordinar a comercialización do produto, etc.
Máis información: Faro de Vigo

Cancelado o Monográfico de Expolugo deste ano.


Finalmente non foi posible e o concurso Monográfico da raza, que anualmente se facía con motivo da feira Expolugo, non se poderá realizar. Os imprevistos recortes nas axudas, que se lle acaban de aplicar ás entidades que organizaban o concurso, entre elas á nosa asociación, non fan posible poder organizar este acto. Para as estatísticas futuras, constará como monográfico da raza do ano 2012 o celebrado con motivo da feira, GandAgro no mes de marzo.

A asamblea xeral da asociación, que xeralmente se facía coincidindo co monográfico, queda posposta ata atopar unha boa data e lugar para todos os criadores, pretendendo tratar o futuro das actividades a realizar.

Una granja agroganadera asturiana destaca la calidad del gallo Mos

Una granja de Asturias, que posee las principales razas ganaderas asturianas, además de diversos productos hortícolas, destaca la importancia de los productos de sus gallinas, en especial de la "gallina de Mos" y de la Pita Pinta Asturiana.
Enrique Rego Fernández: "La gallina tiene ahora un tirón que quizás no nos demos cuenta de todo su potencial. La gente que viene por aquí siempre nos pide los huevos que producimos. Ahora mismo tenemos 60 gallinas de Pita Pinta asturiana y de la Mos gallega. Tenemos de las dos porque en Nochebuena me encargan gallo para la cena, y el gallo de Mos coge un kilo más que el asturiano. La gente lo aprecia muchísimo porque la calidad es muy buena y porque tiene un kilo más de carne. Ambas razas las utilizo para huevo y para carne."

Boa acollida da información sobre o galo na promoción da "Vuelta Ciclista"

Máis de 20.000 persoas visitaron o stand da zona VIP da "Vuelta Ciclista a España", que levou a Asociación de Hosteleros de Lugo. O balance foi moi positivo, repartíndose abundante información sobre a nosa raza. O presidente de Avimós, participou nunha rolda de prensa na que se fixo balance. 
Houbo interesantes contactos comerciais con restauradores de varias partes de España, moi interesados nas cualidades do noso galo.
Máis información: Xornal El Progreso.

 Imaxes da saída da etapa de Palas de Rei.