Día de Cunqueiro con muslo de galo recheo

Deliciosa proposta do blog de "la cocina de mi abuelo", duns zancos de Galo Mos recheos de champiñóns como homenaxe ao ilustre escritor e  gastrónomo galego D. Álvaro Cunqueiro, agora que se está celebrando o centenario do seu nacemento.

Aquí podedes consultar a receita: "la cocina de mi abuelo"

Rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.

A Consellería do Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.
Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS esta era unha reivindicación histórica cara as administracións, xa que actualmente a legalización das pequenas granxas de produtores era case inviable, imposibilitando a comercialización das producións, debido a que en España a única normativa existente era referida á avicultura industrial, que impón uns requisitos imposibles de cumprir polos pequenos produtores.
AVIMÓS estableceu unha vía de colaboración activa coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste marco normativo, cuns requisitos sanitarios e de instalacións sensatos e asumibles polos pequenos produtores, que facilitará a consolidación da Galiña de Mos e o desenvolvemento da economía que rodea á nosa produción. Estamos de noraboa.
Nas próximas datas informaremos a todos os criadores interesados o procedemento a seguir e os servizos que desde AVIMOS ofreceremos.
Pódese consultar a normativa aquí

Descubriendo la "Galiña de Mos"

O pasado xoves 17 de novembro, o restaurante Marina Dávila, de Vigo, organizou unha xornada sobre o galo da raza Mos. A bloguera Mercedes Blanco Iglesias, danos a súa visión sobre a xornada e sobre a raza. Moitas grazas pola súa aportación.
Nesta xornada para corenta comensais, explicáronse tanto as características de crianza da raza como a súa historia, inicidindo nos aspectos diferenciais do galo Mos fronte as carnes das aves industriais. O produto gustou moito.
Máis información: http://laprendizdechef.blogspot.com/2011/11/descubriendo-la-galina-de-mos.html

O Marm destaca a importancia da aplicación comercial das razas de galiñas autóctonas.

Nunha xornada celebrada en Madrid o pasado día 11 de novembro o Ministerio destacou a importancia do aproveitamento dos recursos naturais para o desenvolvemento rural sostible e para a actividade agraria.
A xornada desenvoloveuse no marco de varias reunións temáticas con diversos sectores, para concretar actuacións relacionadas con sistemas agro-ecolóxicos e sostibles alternativos á produción industrial.
En concreto a reunión centrouse na implementación dun sistema de produción mixto agrícola e avícola sostible ambientalmente, á obtención de produtos agroalimentarios seguros, saudables e de calidade, con certificación ecolóxica, e á aplicación comercial de razas de galiñas rústicas (as autóctonas).

Fonte: MARM

Receta de Gallo a la carbonada.

Fantástica receita que nos propón Rocío, do blog la cocina de mi abuelo, feita co Galo Mos.
Si queredes ver a receita e a elaboración podedes visitar o seu blog premendo no enlace

El Concello de A Laracha autoriza una granja para la cría ecológica del gallo de Mos

Fuente: La Voz de Galicia.
La junta local de gobierno de A Laracha acaba de conceder licencia a la empresa Ecogalo da Eira para que reforme una granja existente en el lugar de Montesclaros (Vilaño), con el objetivo de destinarla a la cría ecológica de gallos de Mos.
Será la primera explotación de Bergantiños dedicada a la producción de ejemplares de esta especie que estuvo a punto de desaparecer en los años setenta y que la Xunta incluyó en el programa de recuperación de razas autóctonas en el año 2.000.
La instalación tiene una superficie de 520 metros cuadrados y dispone de un amplio espacio abierto con cierre perimetral, para que los animales puedan crecer en régimen de semilibertad.
La alimentación se llevará cabo exclusivamente con cereales libres de transgénicos y la empresa pretende criar entre 3.600 y 4.000 aves cada año.

Outro blog de cociña fai referencia á xornada

O blog sabores y olores tamén fai referencia á xornada de Silleda de presentacion dos produtos das razas autóctonas. Á dereita foto do galo Mos con escabeche do citado blog.

Varios blogs de cociña, fan referencia á xornada de degustación das razas autóctonas.

Os blogs de cociña laureycanela e lacocinademiabuelo veñen de facer varias reportaxes sobre a degustación ofrecida en Silleda sobre os produtos das razas autóctonas. É moi recomendable visitar estes blogs para recibir unha información moi interesante.

V xornadas de comercialización agroalimentaria Produtos locais e circuitos curtos de comercialización.

Interesante xornada a que se vai celebrar o próximo 24 de novembro na Fundación Juana de Vega, en Oleiros (A Coruña).
O obxectivo destas xornadas é analizar a problemática do estabelecemento de canles curtos de comercialización, apoiándose en iniciativas de éxito da Comunidade Galega e de outras Comunidades Autónomas.
Si queredes máis información visitade:
http://www.juanadevega.org/es/actividades/gestagro/?id=193


150 profesionais da hostalería, venta delicatessen, carnicería e turismo acudiron á Presentación de Produtos Gastronómicos das Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.

Un total de 150 profesionais vencellados cos sectores da hostalería, carnicería, venta delicatessen e turismo, participaron o pasado 3 de novembro na Presentación de Produtos Gastronómicos Derivados das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción, a cal tivo lugar no Auditorio do recinto Feira Internacional de Galicia. Entre estes asistentes puidéronse ver prestixiosos restauradores da cociña galega, que acudiron a un evento no que por primeira vez se acollía de forma conxunta a todas estas razas.
Coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, o acto tiña como obxectivo dar a coñecer estes produtos, promocionar o seu consumo e impulsar a súa comercialización.
Cunha orientación exclusivamente profesional e alto compoñente técnico, acolleu varias xornadas técnicas que comezaron coa presentación das características morfolóxicas e cárnicas das diversas razas autóctonas galegas en risco de desaparición. Esta exposición estivo dirixida polo director da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), José Ramón Justo Feijóo, quen destacou que para que haxa demanda destes produtos primeiro deben darse a coñecer.