Empanada de Galo Mos

Marcos de Soutodeherville, envíanos unha receta especial e sorprendente, unha empanada feita con galo da nosa raza, feita con exemplares da súa granxa. Estes son os ingredientes e a preparación que podedes consultar no seu blog:

Empanada de gallo de Mos Souto de Herville
Ingredientes:
masa de empanada
gallo de mos Souto de Herville
cebolla
ajo
pimiento rojo
1 copa de vino blanco
sal
aceite de oliva
azafrán

Preparación:
En una cazuela ponemos un poco de aceite de oliva y añadimos cuando este caliente el ajo picado y la cebolla picada, sofreímos bien ya añadimos el pimiento rojo picado. Dejamos pochar.
Troceamos el gallo de Mos Souto de Hervilla en trozos muy pequeños y se lo añadimos a las verdura pochadas. Añadimos la copa de vino blanco, el azafrán y un poco de sal y dejamos que se cocine un poco, aprox 5 min. Escurrimos para sacar el aceite.
Encendemos el horno a 180º ( horno eléctrico )
Partimos la masa en dos. Estiramos la masa de la empanada y forramos con ella la empanadera que previamente tenemos untada con aceite. Colocamos encima de la masa la mezcla anterior de verduras con el gallo picado. Estiramos la otra parte de masa y tapamos las verduras. Cerramos por los bordes presionando con los dedos.
Metemos al horno hasta que la masa este dorada, aprox, 30 min. Sacamos del horno y pintamos con un poco de aceite del que hemos escurrido de las verduras.
Dejamos enfriar un poco y lista para consumir.
El resultado es este:

Ensalada de peituga de Galo Mos

A nosa incansable amiga cociñeira Rocío, do blog la cocina de mi abuelo, proponnos que cando fagamos un galo e nos sobren as peitugas, preparémolas nunha ensalada con froita. No seguinte enlace do seu blog temos unha descrición detallada

(Que pinta ten...)

Gallo de Mos relleno de castañas, piñones y setas. Receta navideña

Alfonso López é un galego que vive en Madrid. A súa gran afición é a cociña e hoxe está a comezar a ser un referente no mundo dos blogs de cociña, sendo empregadas as súas recetas por moitos restaurantes de España. Alfonso é un gran defensor dos produtos da súa terra e recentemente propúxonos unha receta elaborada cun produto moi especial (a ver si o coñecedes). Podédela consultar aquí.

Polo con alcachofas e arroz.

Fai uns días o programa Larpeiros da TVG visitou unha granxa de Galiña de Mos.


 
Fixeron un polo con alcachofas e arroz, do que vos deixamos a receta:
INGREDIENTES (para 5 persoas):

Polo e medio (zanco e sobrezanco separados, peitugas enteiras)
6 alcachofas
500 grs arroz bomba
1 cebola (grande)
2 cenouras
Unha presada de feixóns verdes
Unha cunca de chícharos,
300 grs de champiñóns
Tomate triturado
Azafrán
Aceite e sal
Machucado de allo, perexil e sal
Caldo de polo (feito coas carcasas do polo)

Empezamos por cortar a peituga en dados, e logo adubamos o polo co machucado de allo, perexil e sal.
Despois se limpan as alcachofas (cortámoslles un centímetro e medio da punta, sacámoslles as follas exteriores mais duras, recortamos o tal e as cortamos en 4 partes). Poñémolas nun bol con auga fría e un chorro de limón para que non negreen, e as reservamos.
Poñemos aceite a quentar e mentres picamos a cebola, incorporamos o polo para douralo. Mentres picamos a cenoura.
Co polo dourado, incorporamos a cebola e a cenoria. Mentres van pochando cortamos os feixóns verdes en bastonciños e os champiñóns en catro partes.
Cando a cebola e a cenoria estean douradas, incorporamos os feixóns, os champiñóns e as alcachofas. Hai que deixar que refoguen un pouco (1 min ou 2) antes de engadir o tomate.
Engadimos o tomate triturado e damos unha voltas a todo, logo botamos o arroz. Incorporar tamén o azafrán e o caldo (nunha proporción aproximada de 3 medidas de caldo por cada medida de arroz).Poñer sal e deixar que se faga o arroz.

Levámolo dicindo moito tempo

O pasado domingo 18 de decembro o xornal El País publicou un artigo que se chama

¡Al campo a trabajar!

Nel se recollen os resultados dunha analítica feita por expertos para o Ministerio que deducen que o rural ten un potencial económico enorme. Propóñense dez medidas básicas de impulso prioritarias nas que destacan, rehabilitación de vivendas, incluíndo as enerxías renovabeis, desenvolvemento social dos servizos cara as persoas, impulso á gandería extensiva e ás producións artesás e aos produtos de calidade.

Si queredes consultar o artigo http://www.elpais.com/articulo/empresas/sectores/campo/trabajar/elpepueconeg/20111218elpnegemp_7/Tes

Normativa de avicultura artesanal

Como sabedes fai uns días a Xunta de Galicia publicou un decreto polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.
Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS esta era unha reivindicación histórica cara as administracións, xa que actualmente a legalización das pequenas granxas de produtores era case inviable, imposibilitando a comercialización das producións, debido a que en España a única normativa existente era referida á avicultura industrial, que impón uns requisitos imposibles de cumprir polos pequenos produtores. Nos próximos días convocaremos unhas reunións informativas.
O programa Labranza da TVG, fixo un especial sobre a normativa na que se fala sobre a Galiña de Mos.

El consumo mundial de carne aumentará en mas de un 70% para el año 2050

Para el año 2050 una población mundial más numerosa consumirá dos terceras partes más de proteínas animales que hoy, con más presión sobre los recursos naturales del planeta, indica un informe de la FAO publicado hoy.
El crecimiento demográfico y el aumento de los ingresos están atizando una tendencia actual hacia un consumo mayor per cápita de proteína animal en los países en desarrollo, expone el informe World Livestock 2011: Livestock in food security (Ganadería mundial 2011: el ganado en la seguridad alimentaria). Se prevé un aumento del consumo de carne de casi el 73% para el año 2050; el consumo de productos lácteos crecerá un 58% respecto a los niveles actuales. Gran parte de la futura demanda de la producción pecuaria -especialmente en las ciudades en acelerada expansión de todo el mundo, donde se está produciendo la mayor parte del crecimiento demográfico- se satisfará a través de operaciones en gran escala de cría intensiva de animales, puntualiza el informe. Y añade que, en las condiciones actuales, no hay alternativas técnicas ni económicas viables a la producción intensiva para satisfacer la demanda de productos pecuarios de las ciudades en crecimiento.Pero esos sistemas son motivo de preocupación debido a sus repercusiones ambientales, como la contaminación de las aguas subterráneas y las emisiones de gases de efecto invernadero, así como por su potencial patológico, advierte el informe, y añade que es urgente reducir los efectos ambientales de la producción intensiva. La FAO señala que, a partir de los conocimientos y la tecnología de hoy, eso podría lograrse por tres vías: reducir el nivel de contaminación generado a partir de los residuos y gases de efecto invernadero; reducir los insumos de agua y cereales necesario para la producción de proteínas animales; y reciclar los productos agroindustriales secundarios a través de las poblaciones pecuarias.
La única forma de satisfacer la demanda es aumentar la eficacia. El aumento de la producción tendrá producirse logrando que los sistemas pecuarios convirtieran con más eficiencia los recursos naturales en alimentos y produjeran menos residuos.

Más información: http://www.fao.org/news/story/es/item/117075/icode/

Galo Mos ao forno

Un criador da raza, da Granxa Soutodeherville, fainos chegar esta suculenta imaxe dun galo Mos asado, feito na súa casa o domingo 11 de decembro, acompañado de leitugas e pementos recollidos na súa horta. A presentación invita a probar este tipo de preparación. Os produtos obtidos a partir da Galiña de Mos saen suculentos asándoos enteiros ao forno, tendo especial coidado para que non se sequen moito.

Larpeiros.

ESTE MÉRCORES A PARTIR DAS 22:10, TODOS ATENTOS Á TVG, PORQUE SE EMITE O PROGRAMA Nº 100 DE LARPEIROS.

NON VOS PERDADES: "UN PAÍS DE GALIÑAS".

Os larpeiros da Televisión de Galicia esta semana traen un prato onde o polo será o protagonista. Benigno e Lola nos deleitarán cun riquísimo polo campeiro con alcachofas e arroz, ademais de preparar unhas torradas de cristas de galo con co...gomelos para o aperitivo.
Para tan ricos manxares o noso larpeiro itinerante irá dereitiños a visitar a granxa Souto de Herville, adicada a cría en extensivo da galiña da raza autóctona Mos. Alí, Marcos e Ángel, os propietarios da granxa explicaránlle todo o relacionado coa cría destas fabulosas galiñas do país.

A CE estuda implantar unha mesma marca para todos os produtos de calidade europeos.

A Comisión Europea está a analizar a implantación dunha marca común para os produtos locais europeos, como se puxo de manifesto nas V Xornadas de comercialización agroalimentaria, produtos locais e circuitos curtos de comercialización, celebradas na Fundación Juana de Vega, ás que asistimos. A Unión Europea comeza a apostar polo produto local. Consume produtos da túa zona. Consume galiña e galo Mos.
Información sobre esta nova de Eurocarne dixital:

Día de Cunqueiro con muslo de galo recheo

Deliciosa proposta do blog de "la cocina de mi abuelo", duns zancos de Galo Mos recheos de champiñóns como homenaxe ao ilustre escritor e  gastrónomo galego D. Álvaro Cunqueiro, agora que se está celebrando o centenario do seu nacemento.

Aquí podedes consultar a receita: "la cocina de mi abuelo"

Rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.

A Consellería do Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.
Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS esta era unha reivindicación histórica cara as administracións, xa que actualmente a legalización das pequenas granxas de produtores era case inviable, imposibilitando a comercialización das producións, debido a que en España a única normativa existente era referida á avicultura industrial, que impón uns requisitos imposibles de cumprir polos pequenos produtores.
AVIMÓS estableceu unha vía de colaboración activa coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste marco normativo, cuns requisitos sanitarios e de instalacións sensatos e asumibles polos pequenos produtores, que facilitará a consolidación da Galiña de Mos e o desenvolvemento da economía que rodea á nosa produción. Estamos de noraboa.
Nas próximas datas informaremos a todos os criadores interesados o procedemento a seguir e os servizos que desde AVIMOS ofreceremos.
Pódese consultar a normativa aquí

Descubriendo la "Galiña de Mos"

O pasado xoves 17 de novembro, o restaurante Marina Dávila, de Vigo, organizou unha xornada sobre o galo da raza Mos. A bloguera Mercedes Blanco Iglesias, danos a súa visión sobre a xornada e sobre a raza. Moitas grazas pola súa aportación.
Nesta xornada para corenta comensais, explicáronse tanto as características de crianza da raza como a súa historia, inicidindo nos aspectos diferenciais do galo Mos fronte as carnes das aves industriais. O produto gustou moito.
Máis información: http://laprendizdechef.blogspot.com/2011/11/descubriendo-la-galina-de-mos.html

O Marm destaca a importancia da aplicación comercial das razas de galiñas autóctonas.

Nunha xornada celebrada en Madrid o pasado día 11 de novembro o Ministerio destacou a importancia do aproveitamento dos recursos naturais para o desenvolvemento rural sostible e para a actividade agraria.
A xornada desenvoloveuse no marco de varias reunións temáticas con diversos sectores, para concretar actuacións relacionadas con sistemas agro-ecolóxicos e sostibles alternativos á produción industrial.
En concreto a reunión centrouse na implementación dun sistema de produción mixto agrícola e avícola sostible ambientalmente, á obtención de produtos agroalimentarios seguros, saudables e de calidade, con certificación ecolóxica, e á aplicación comercial de razas de galiñas rústicas (as autóctonas).

Fonte: MARM

Receta de Gallo a la carbonada.

Fantástica receita que nos propón Rocío, do blog la cocina de mi abuelo, feita co Galo Mos.
Si queredes ver a receita e a elaboración podedes visitar o seu blog premendo no enlace

El Concello de A Laracha autoriza una granja para la cría ecológica del gallo de Mos

Fuente: La Voz de Galicia.
La junta local de gobierno de A Laracha acaba de conceder licencia a la empresa Ecogalo da Eira para que reforme una granja existente en el lugar de Montesclaros (Vilaño), con el objetivo de destinarla a la cría ecológica de gallos de Mos.
Será la primera explotación de Bergantiños dedicada a la producción de ejemplares de esta especie que estuvo a punto de desaparecer en los años setenta y que la Xunta incluyó en el programa de recuperación de razas autóctonas en el año 2.000.
La instalación tiene una superficie de 520 metros cuadrados y dispone de un amplio espacio abierto con cierre perimetral, para que los animales puedan crecer en régimen de semilibertad.
La alimentación se llevará cabo exclusivamente con cereales libres de transgénicos y la empresa pretende criar entre 3.600 y 4.000 aves cada año.

Outro blog de cociña fai referencia á xornada

O blog sabores y olores tamén fai referencia á xornada de Silleda de presentacion dos produtos das razas autóctonas. Á dereita foto do galo Mos con escabeche do citado blog.

Varios blogs de cociña, fan referencia á xornada de degustación das razas autóctonas.

Os blogs de cociña laureycanela e lacocinademiabuelo veñen de facer varias reportaxes sobre a degustación ofrecida en Silleda sobre os produtos das razas autóctonas. É moi recomendable visitar estes blogs para recibir unha información moi interesante.

V xornadas de comercialización agroalimentaria Produtos locais e circuitos curtos de comercialización.

Interesante xornada a que se vai celebrar o próximo 24 de novembro na Fundación Juana de Vega, en Oleiros (A Coruña).
O obxectivo destas xornadas é analizar a problemática do estabelecemento de canles curtos de comercialización, apoiándose en iniciativas de éxito da Comunidade Galega e de outras Comunidades Autónomas.
Si queredes máis información visitade:
http://www.juanadevega.org/es/actividades/gestagro/?id=193


150 profesionais da hostalería, venta delicatessen, carnicería e turismo acudiron á Presentación de Produtos Gastronómicos das Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.

Un total de 150 profesionais vencellados cos sectores da hostalería, carnicería, venta delicatessen e turismo, participaron o pasado 3 de novembro na Presentación de Produtos Gastronómicos Derivados das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción, a cal tivo lugar no Auditorio do recinto Feira Internacional de Galicia. Entre estes asistentes puidéronse ver prestixiosos restauradores da cociña galega, que acudiron a un evento no que por primeira vez se acollía de forma conxunta a todas estas razas.
Coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, o acto tiña como obxectivo dar a coñecer estes produtos, promocionar o seu consumo e impulsar a súa comercialización.
Cunha orientación exclusivamente profesional e alto compoñente técnico, acolleu varias xornadas técnicas que comezaron coa presentación das características morfolóxicas e cárnicas das diversas razas autóctonas galegas en risco de desaparición. Esta exposición estivo dirixida polo director da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), José Ramón Justo Feijóo, quen destacou que para que haxa demanda destes produtos primeiro deben darse a coñecer.

Xornada de presentación de produtos das razas autóctonas galegas

O xoves día 3 de novembro celebrarase no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, unha Xornada de presentación de produtos gastronómicos das razas autóctonas. O CIFP Compostela será o encargado de mostrar as bondades culinarias coa elaboración de 11 receitas, destacando unha sopa de Galiña de Mos con castañas asadas e Galo Mos en escabeche con follas frescas. Ao longo da xornada haberá varias ponencias informacitivas sobre os produtos das razas autóctonas.
Si eres un profesional vencellado ao sector da hostalería, carnicerías, venda delicatessen ou turismo, podes apuntarte en www.feiragalicia.com/razasautoctonas

V Concurso Monográfico da Galiña de Mos

Do 7 ao 9 de outubro celebrouse en Lugo e con motivo da feira Expolugo o V Concurso Monográfico da Galiña de Mos. Foi visitada por 15.200 persoas e un ano máis aportou unha importante divulgación e promoción da nosa raza. Destacou a gran calidade das aves presentadas, síntoma de que a xenética da raza consolídase cada vez máis.
  

Os ganadores foron: No caso dos galos, obtivo o primeiro premio, Ramón Francisco Sueiro Varela, de A Laracha (A Coruña); o segundo, Mariña Grille Negreira de Val do Dubra (A Coruña) e o terceiro foi para Filomena Varela Ferro, de Outeiro de Rei (Lugo).
En galiñas, os premios foron o primeiro para María López Rodríguez, de Lugo; o segundo para José Manuel Rama García, de Carral (A Coruña) e o terceiro para Sara González Balsa, de Xermade (Lugo).

Alemania proyecta eliminar la producción de huevos en jaula

Las autoridades alemanas están modificando su Reglamento de protección de los animales de producción, en lo relativo al bienestar animal de las gallinas ponedoras. Han enviado a la UE la propuesta de texto legal que incluye como condiciones para las instalaciones de ponedoras disponer de una superficie mínima de 2,5 metros cuadrados, donde las gallinas puedan moverse y una altura mínima de 2 metros.
Se prevé permitir hasta finales de 2020 la producción en jaula acondicionada con densidad de 750 centímetros cuadrados para las instalaciones autorizadas antes de marzo de 2002, y las colonias o grupos pequeños (instalados en los últimos años como alternativa a las jaulas convencionales) hasta finales de 2035.
Se pretende poner con esta norma fecha límite a la utilización de las jaulas para producción de huevos. En Alemania varias cadenas de distribución han prohibido efectivamente la venta de huevos de jaula en sus lineales, lo que incentiva la producción alternativa en este país, el mayor importador de la UE.

Fuente: Inprovo

A Galiña de Mos no desfile de gando do San Froilán de Lugo.

O 6 de outubro celebrouse polas rúas do centro de Lugo un desfile de gando no que participaron as razas autóctonas. Un galo e unha galiña da nosa raza participaron subidos nun carro de cabalos paseando polas rúas peatonais da cidade das murallas entre milleiros de persoas, sendo recibidos polas autoridades locais diante do concello.






Cataluña regulará la venta directa de productos agroalimentarios.

El consejero de Agricultura, Ganadería, Pesca, Alimentación y Medio Natural de la Generalitat de Cataluña, Josep Maria Pelegrí ha presidido la presentación de la segunda edición de la feria Mercado de Mercados.
La feria, que el año pasado recibió 180.000 visitantes, se celebrará los días 21, 22 y 23 de octubre en la avenida de la Catedral y la avenida de Francesc Cambó de Barcelona. Su objetivo es promover la actividad económica, vinculada a la producción y distribución alimentaria, y dar a conocer los beneficios de comer los productos frescos y de calidad que se encuentran en los mercados catalanes.
El responsable de Agricultura ha afirmado que "hay que dar a conocer y muy especialmente, hacernos valorar" por lo que estos certámenes "son una excelente oportunidad para acercar el producto de calidad y proximidad". Según el consejero Pelegrí "hay que acercarse al gran público a nuestros productos de calidad, productos que tienen una gran aceptación fuera y que debemos ser capaces también lo ha tengan aquí".
"Es un nicho de mercado que hay que potenciar y por este motivo desde el Departamento de Agricultura, junto con otros Departamentos, estamos elaborando un decreto que tiene por objetivo regular la venta directa de los productos agroalimentarios en Cataluña", ha anunciado el consejero.
Según el conseller Pelegrí, aunque la venta directa y los circuitos cortos no pueden ser la forma de comercialización de toda la producción agroalimentaria catalana, sí que pueden mejorar la rentabilidad de los pequeños productores, al tiempo que facilitan el conocimiento de nuestros productos y productores para parte del consumidor y ayudan a la viabilidad económica del campo catalán y, consecuentemente, el desarrollo socioeconómico de las zonas rurales.
Por otra parte, el consejero también ha explicado que la feria Mercado de Mercados debe servir para "hacer familia y transmitir y dar a conocer a las nuevas generaciones nuestros productos y su calidad y para hacer pedagogía de los hábitos saludables de consumo".
Finalmente, el consejero ha hecho un llamamiento para que entre todos "garantizamos que nuestros agricultores perciben un precio justo por los productos que producen, ya que está en nuestras manos contribuir a garantizar el futuro de nuestra agricultura y ganadería".

Fuente: Eurocarne.



UNHA APOSTA POLOS PRODUTOS LOCAIS.

O considerado mellor cociñeiro do mundo, que vive en Dinamarca, fai unha aposta decidida polos produtos locais, da súa zona. Sigamos o exemplo. Interesante entrevista. Entre outras di..."El caviar, si tienes dinero, te lo puedes tomar en cualquier lugar del mundo y es el mismo, pero mis plantas y nuestros productos, elaborados cada estación por pequeños productores, solo se toman aquí."
Podedes leer a entrevista no seguinte enlace:
http://www.elpais.com/articulo/portada/senor/fogones/elpepusoceps/20111002elpepspor_8/Tes

V Concurso Monográfico da Galiña de Mos

Do 7 ao 9 de outubro vaise celebrar en Lugo o V CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO DA GALIÑA DE MOS, ocasión ideal para observar a moitos dos mellores exemplares da raza.
Como en anos anteriores celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2011.
Esperámosvos a todos.

Consumo y biodiversidad

Vídeo de la Fundación Félix Rodríguez de la Fuente sobre su programa "Consuma Naturalidad"... fantástico.

Huevos, una mina de antioxidantes

Las propiedades de los huevos siempre han dividido a los expertos. Algunas personas han sostenido que contienen altos niveles de colesterol, y otras, han exaltado sus beneficios, pero su tan valiosa fuente de antioxidantes, nunca había sido demostrada, al menos hasta ahora.
Un equipo canadiense de investigadores ha realizado un amplio estudio acerca de las propiedades nutritivas de los huevos de gallinas alimentados con una dieta estándar basada en el maíz y el trigo. El análisis de las yemas de huevo, determinó la presencia de triptófano y tirosina, dos aminoácidos con fuertes propiedades antioxidantes.
Además, los investigadores también examinaron otra clase de antioxidantes conocidos que se encuentran en los huevos, o péptidos, y los carotenoides. En particular, los carotenoides, precursores de la vitamina A, que tienen un efecto protector importante contra diversas enfermedades, y además ayudan a combatir los radicales libres.
Los antioxidantes, de hecho, son muy importantes para nuestra salud, no sólo porque son antienvejecimiento, sino también porque son significativos para la prevención de enfermedades, especialmente del cáncer. En resumen, los huevos, si se consumen con moderación, no deben estar prohibidos por completo en la dieta.
Después de analizar las propiedades, los investigadores determinaron que dos yemas de huevo en su estado crudo tienen propiedades antioxidantes casi el doble que una manzana y aproximadamente lo mismo que media ración (25 gramos) de arándanos.

As razas autóctonas na Semana Verde de Galicia 2011

Con motivo da celebración da Semana Verde, a Fundación TIC, dependente da Diputación de Lugo, elaborou un video resume da nosa presenza na feira. Este vídeo foi feito grazas ás xestións da empresa de comunicación lucense Transmedia Comunicaciones y Prensa S.L.




AS RAZAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE DE GALICIA 2011 from Transmedia on Vimeo.

Estivemos en Produart 2011

Coincidindo coa Festa do Bonito de Burela, a Fundación Expomar, da localidade da Mariña Lucense, albergou a feira de produtos ecolóxicos e artesanais Produart 2011. Celebrouse os días 7, 8 e 9 de agosto, asisitindo a Galiña de Mos nun stand de BOAGA con abundante información e cartelería que foi moi visitado.
Repartíronse gran cantidade de trípticos publicitarios e gran cantidade de público interesouse na crianza das nosas razas e dos lugares onde atopar os produtos das autóctonas.
Foto: Xornal El Progreso.

Actualizad@s

Hoxe domingo 7 de agosto, podemos seguir partir das 23 horas, o programa da Galega Actualizad@s, que fala das nosas razas autóctonas. Convidámosvos a todos a seguilo. No seguinte enlace tedes o avance do programa, que está agora mesmo na portada da web da tvg.

null

Quien tiene una gallina... tiene un tesoro

Según informa elconfidencial.com, Los ingleses combaten la crisis con gallinas... igual que en la Segunda Guerra Mundial.
La gallina está ganando seguidores en Reino Unido. Tal es así que se ha convertido en una nueva mascota para los ingleses con el objeto de combatir la crisis desde los hogares. Ahora bien, aunque como mascota se la puede tener un cierto cariño, lo cierto es que este repentino entusiasmo viene por los huevos frescos que proporcionan.
Según los últimos datos, los ingleses no habían metido tantas gallinas en casa desde la Segunda Guerra Mundial. “Parece ser que estamos volviendo 50 años atrás cuando en las familias era normal tener media docena de gallinas en la parte trasera de casa”, afirman Brian Mott, gerente de la tienda de alimentos para mascotas Nature’s Grub.
Esta ‘nueva moda’ está causando furor. Las ventas de gallinas han aumentado un 180% y ya son más de 700.000 las familias que las alojan en casa por la necesidad de tener huevos frescos para el ya conocido y no muy saludable ‘English Breaksfast’ y, además, a buen precio.
Los ingleses también son ya expertos en estos tiempos de crisis en el cultivo de sus propias frutas y verduras para intentar borrar de la memoria aquellas épocas de posguerra y tiempos difíciles donde los alimentos, entre ellos los huevos, estaban racionados.

El autoconsumo es muy importante, no solo por el ahorro de costes que nos proporciona, sino por la satisfacción personal de consumir nuestros propios alimentos y en este caso las gallinas nos ayudan enormemente, como todos sabemos.


Conseguido. Enhorabuena a todos.

Diversas organizaciones agrarias y la Red Española de Desarrollo Rural (REDR) han conseguido que la RAE (Real Academia Española) se comprometa a eliminar del diccionario las acepciones peyorativas de la palabra "rural". Recordemos que el diccionario de la Real Academia Española define a rural como "Perteneciente o relativo al campo y a sus labores. Inculto, tosco, apegado a cosas lugareñas".
En España más de 10 millones de personas viven y trabajan en el medio rural, produciendo alimentos para toda la sociedad.
Sin comentarios.........

En la prensa se puede encontrar más infromación:

Rural lo será tú.

La Red Española de Desarrollo Rural (REDR) empezó una campaña en los últimos meses para solicitar a la Real Academia Española la modificación y actualización del término ‘rural' en el diccionario de referencia del castellano como os informamos en el enlace http://galinhademos.blogspot.com/2011/04/la-red-espanola-de-desarrollo-rural.html. campaña a la que nos sumamos en su momento.

Hoy os animamos a leer el enlace siguiente sobre el "rural".
http://cuatrocosucas.blogspot.com/2011/07/rural-lo-seras-tu.html

La diversidad genética es clave para la seguridad alimentaria

Para la FAO (Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura) la diversidad genética es clave para la seguridad alimentaria. Alemania, Noruega y Suiza han contribuido con una primera donación de un millón de dólares EEUU a un nuevo fondo gestionado por la FAO destinado a ayudar a los países en desarrollo en la conservación y uso sostenible de sus razas ganaderas.
El fondo aportará financiación para proyectos individuales presentados por los países en apoyo de un plan acordado a nivel internacional y denominado Plan de acción mundial sobre los recursos zoogenéticos. Este plan, adoptado por todos los países miembros de la FAO en 2007, se ha convertido en un instrumento clave para la conservación y uso sostenible de los recursos zoogenéticos a nivel mundial, regional y nacional.
Cerca del 21 por ciento de las más de 8 000 razas ganaderas existentes en el mundo están clasificadas como en peligro de extinción. Pero desde la entrada en vigor del Plan de acción mundial sobre los recursos zoogenéticos los informes de los países sobre el estado de las poblaciones de las diversas razas está mejorando y apunta a una ralentización del ritmo de extinción.

Conclusión do I Congreso de Empresarios do Medio Rural

Os nosos amigos da Asociación Dubresa de Empresarios veñen de rematar con éxito o I Congreso de Empresarios do Medio Rural, celebrado en Bembibre, Val do Dubra. No enlace seguinte podedes ver fotografías e información dun congreso que achegou iniciativas para o fortalecemento das pequenas empresas do rural, estimulando ás iniciativas agropecuarias.
http://www.adeadubra.com/noticias.php?id=14

I Congreso de empresarios do medio rural

A asociación dubresa de empresarios-ADEA, organiza en Bembibre, Val do Dubra, A Coruña o I Congreso de Empresarios do Medio Rural os vindeiros días 9 e 10 de xullo.
Neste I Congreso vanse tratar diferentes temas de interese para a economía do medio rural como son:
-O Rural como alternativa.
-Empresas de produtos agroalimentarios.
-A sostibilidade no Rural.
-Grupos de desenvolvemento rural.
-Infraestruturas no rural.
-Unha aposta polos produtos da terra. Produto de éxito.
-Diminución da poboación no medio rural, causas e posibles solucións.

A organización convida a todos os interesados a participar agradecendo a confirmación da asistencia por medio do e-mail adeadubra@yahoo.es ou nos teléfonos 981 889 517 / 635 670 003

Gran éxito da 34ª Semana Verde de Galicia.

Rematou a 34ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, na que as nosas razas autóctonas tiveron un papel predominante. O éxito foi espectacular superándose os 100.000 visitantes. Especialmente no fin de semana regueiros de persoas visitaron a feira, que foi un escaparate moi importante para a promoción da nosa raza. O mercado de polos da raza case esgota as súas unidades, sorprendendo a presentación dos produtos cárnicos da raza Mos.
No concurso da raza que se fixo, formando o xurado D. Castor J. Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia, D. Julio Feijoó, Xefe de Área do Centro de Recursos Zooxenéticos e D. Julio Pérez, da Fundación Semana Verde de Galicia, resultaron vencedores o Galo de José Rodríguez González de Lalín, Pontevedra e unha galiña de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo. O Segundo premio en galos foi para Álvaro Rodríguez Rodríguez de Mos, Pontevedra e unha galiña de José R. García de Carral, A Coruña. O terceiro premio en galos foi para Diego Estévez Nieto de Vilar de Barrio, Ourense e para unha galiña de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.

Pódense ver máis fotos na web de semana verde e no noso facebook.

A Galiña de Mos na Semana Verde de Galicia.

Entre o 16 e o 19 de xuño a Galiña de Mos estará presente na 34 Feira Internacional Semana Verde de Galicia. A Raza Mos terá unha enorme representación e teremos moitas novidades este ano.
Xa está todo preparado para o comezo.
Tedes entrada e parking gratuíto polo que non existe escusa para achegarse ao recinto Feiral de Silleda a disfrutar de moitas actividades e en especial do noso gando. Estarán entre outros as nosas razas gandeiras autóctonas de vacas, Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa, Vianesa, Rubia Gallega, a Ovella Galega, a Cabra Galega, o Cabalo de Pura Raza Galega, o Porco Celta e o Can de Palleiro.
Agardámosvos a todos.

Este fin de semana estivemos na feira de Bretoña.

En Bretoña, concello da Pastoriza, provincia de Lugo, celebrouse o 4 e 5 de xuño a Feira do Gando da localidade. Nesta ocasión asistítu unha exposición de todas as nosas razas autóctonas presentadas por criadores da comarca da Terra Chá. De Galiña de Mos expuxéronse entre adultos e poliños 30 exemplares. Unha mostra máis da promoción das nosas razas.


Platos das Xornadas Gastronómicas do Galo Mos na cervexería Liñares

A cervexería Liñares, en Val do Dubra, ofrécenos nas xornadas do Galo Mos, tres suculentos pratos.

ZANCOS DE GALO MOS GUISADOS.
O plato de zancos completos (zanco e contrazanco) guisados teñen un sabor excepcional.


PEITUGA DE GALO MOS EN SALSA DE CHAMPIÑÓNS.
As peitgas do galo troceadas regadas por unha esquisita salsa de champiñóns, acompañadas dunhas patacas fritas son outro plato exquisito. 



ÁS DE GALO MOS AO ALLIÑO.
O terceiro plato que prepara a cervexería Liñares nas Xornadas do Galo Mos é unha aposta arriscada. Son as ás do galo ao alliño acompañadas dunhas rebanadas de pan untadas con queixo e tomate. As ás do galo non teñen nada que ver coas dun polo convencional debido á súa lixeira maior dureza pero cunha intensidade de sabor moi apreciable. Un plato sorprendente que non nos deixará indiferentes.



Ángeles Pereiro, cociñeira da cervexería Liñares, en Val do Dubra. Cociña de calidade con moito gusto.