III Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos

Con motivo da celebración da feira Expolugo, celebrouse do 2 ao 5 de outubro o III Concurso-Exposición monográfico da Galiña de Mos, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo que tivo un gran nivel de participación e moitos visitantes.

A Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Raquel Arias, atende ás explicación do Presidente de Avimós.



Os gañadores foron, na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Edmundo Novoa, de Lugo.
2º premio-galo propiedade de Antonio Roca, de Cambre, A Coruña.
3º premio - galo propiedade de Fulgencio Casás, de Outeiro de Rei, Lugo.

Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º premio-galiña porpiedade de Arlindo Riveiro, de Vigo, Pontevedra.


Concurso de galiñas de razas autóctonas do cantábrico

Do 25 ao 27 de setembro celebrouse en Xixón o III Concurso-Exposición de Gallinas de razas autóctonas del cantábrico e o II Concurso-Exposición Internacional de avicultura, colombicultura y cunicultura de razas autóctonas de España, Francia y Portugal.

Asistiron coa Galiña de Mos os criadores Edmundo Novoa, Carlos Durán, Ramón Abella e Luis Fernandez. Estes dous últimos recibiron sendos premios cos seus exemplares, macho e femia respectivamente, destacándose as altas puntuacións recibidas polos exemplares da nosa raza, proba da calidade das aves presentadas.